23/04/24

DRAGÓNS 6

Onte, 22 de abril, o alumnado de 6º de Primaria, grazas ao Programa Xogade, desfrutou dunha xornada de Piragüismo-Dragóns no embalse do Pontillón do Castro xunto con outros centros.





Como colofón da saída tivemos a sorte de coincidir coa medallista olímpica e recente clasificada para competir nos xogos olímpicos de París, Teresa Portela, que remataba a súa sesión de adestramento e accedeu gustosamente a sacarse unha foto con nós.


Pasámolo xenial!

Moitísimas grazas!!

13/04/24

PRACTICAMOS PIRAGÜISMO

Na soleada e calorosa mañá de onte, o alumnado de 5º de Primaria gozou da primeira xornada da actividade de Piragüismo-dragóns no Río Lérez.



Moitísimas grazas! 

 

22/03/24

SEMANA DA PRENSA... OLÍMPICA!!!

A semana do 4 ao 8 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa. Durante esa semana, as nenas e os nenos de 5º convertéronse en auténticas e auténticos xornalistas e puxeron en práctica as súas dotes como entrevistadores/as e redactores/as! Para iso, analizamos as partes, resumimos e elaboramos noticias deportivas...

 
 
 O máis divertido resultou que nos entrevistámonos e coñecémonos un pouquiño máis entre as dúas clases! Vimos que os deportes nos unen moito! 

🏇🏃🏊 Pasámolo xenial! Viva a prensa! 🏀🎿🎾

21/03/24

21M: DÍA DA SÍNDROME DE DOWN

O 21 de marzo conmemoramos o día da Síndrome de Down, unha data na que aprendemos por que escolleron ese día, que unha síndrome non é unha enfermidade, senón unha condición de vida... Tamén, fixemos unha pequeniña trasnada intercambiando os calcetíns, o símbolo que dá visibilidade a este día.

Con esta efeméride démonos conta de todas as cousas boas que temos, que as diferenzas nos fan únicos/as e que, ao igual que as cousas máis belas da natureza, todos e todas somos moi especiais!


🌼 Viva a diversidade! 🌼

21/02/24

XOGADE INTERCENTROS EN PONTEVEDRA

Hoxe, máis de 250 rapaces e rapazas de 5º de Primaria de 7 colexios da zona de Pontevedra, xuntámonos para disfrutar xogando e aprendendo fóra das aulas.

O noso alumnado practicou: Baile moderno, Orientación, Loita Olímpica, Xogos Populares, Primeiros Auxilios e, ademais, coñeceron o taller móbil dun equipo de ciclismo de primeiro nivel.


Unha saída xenial!!!

18/12/23

XOGADE INTERCENTROS EN SALCEDO

O alumnado de 5º de Primaria pasou unha mañá xenial, repleta de xogos e convivencia, co alumnado do CEIP Cabanas - Salcedo. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Xogade.


 

Graciñas por ser tan bos anfitrións!

23/11/23

EXPOSICIÓN DE "PICASSO PROTAGONISTA"

O xoves 23 de novembro, o alumnado de 5º e 6º gozou dunha marabillosa exposición que tiña como protagonista a vida e obra de Picasso vista desde a óptica de diferentes artistas.

Complementaron a exposición cun obradoiro no que recrearon, de formas moi variadas, o que para el@s son as guerras. Fixeron as ilustracións tan realistas que ata lle puxeron son co Scratux!


E como non podía ser doutro xeito, fixemos unha paradiña no parque a repoñer forzas!

Aprendimos moitísimo e pasámolo xenial! 😊

15/11/23

XORNADA DEPORTIVA EN BARRO

O alumnado de 6º nivel de Primaria do noso centro recibiu a pasada semana a visita dos compañeiros e compañeiras de nivel do CEIP San Andrés de Xeve dentro das actividades programadas no Programa XOGADE. Reuníronse no Pavillón polideportivo para gozar todos e todas dunha completísima xornada de convivencia deportiva.



 Ata  pronto!!

31/10/23

SAMAÍN NO 3º CICLO

Un ano máis volve a data máis terrorífica do ano e os/as maiores do cole preparámonos para a ocasión! Ademais de sacar o noso mellor disfrace, decoramos as aulas e os corredores coas personaxes máis coñecidas do Samaín: bruxas, pantasmas, esqueletos, vampiros... 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas creacións. Animádesvos a velas?

🎃 Pasámolo de medo! 🎃

27/10/23

AS OLIMPÍADAS DAN MOITO XOGO EN 5º

As alumnas e os alumnos de 5º de Primaria están a tope co PDI (Proxecto Documental Integrado) deste curso: "As olimpíadas dan moito xogo"

Xa investigaron acerca da orixe dos xogos da Antigüidade e da Modernidade; tamén, dos continentes nos que tiveron lugar. Como non podía ser doutro xeito, o traballo por equipos fai que cheguemos máis lonxe!

Estamos a aprender moitísimo! 

Pero isto só é o comezo da carreira!





VISITAS